UGT Xustiza Informa
AULA TELEPRESENCIAL - NUMO: RECEPCIÓN E DEVOLUCIÓN DE EXHORTOS CON HIJWEB E PORTASINATURAS
Xa está dispoñible a convocatoria de novas sesións de capacitación tecnolóxica para o uso de HIJWEB e PORTASINATURAS, ferramentas para a xestión e intercambio de exhortos no marco da implantación da NUMO nas oficinas de xustiza nos municipios tipo A. As sesións están dirixidas ao persoal das oficinas de xustiza no municipio tipo A nos que estea implantado HIJWEB.
Calendario e Horarios das Sesións (Aula Telepresencial):
- Datas grupo 1: 26/05/2026 e 02/06/2026 | Horario: 09:00 h - 10:30 h
- Datas grupo 2: 27/05/2026 e 03/06/2026 | Horario: 12:30 h - 14:00 h
- Contidos: Xestión e intercambio de exhortos.
Instrucións para a matriculación e reserva de praza:
- Accede á actividade na plataforma de formación co teu usuario da Xunta ou correo corporativo.
- Matricúlate na actividade premendo o botón "Matricularme".
- Accede aos contidos didácticos de autoformación dispoñibles.
- Reserva a túa praza na sesión de formación que desexes premendo "Reservar agora".
- Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a praza, deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes.
Acceso á plataforma: