UGT SOLICITA A LA DXX QUE PONGA EN FUNCIONAMIENTO LOS EMAILS DE LAS OFICINAS DE JUSTICIA MUNICIPALES

UGT SOLICITA A LA DXX QUE PONGA EN FUNCIONAMIENTO LOS EMAILS DE LAS OFICINAS DE JUSTICIA MUNICIPALES

UGT ha remitido por la sede electrónica el día 14 de abril de 2026 escrito a la DXX solicitando la revisión técnica y puesta en funcionamiento inmediato de los correos electrónicos de las Oficinas de Justicia Municipales que figuran en el portal web xustiza.gal.

Estos correos electrónicos son herramientas fundamentales tanto para los trabajadores y trabajadores de las Oficinas de Justicia Municipales y de los Tribunales de Instancia como para los profesionales y ciudadanía.

Texto do escrito:

"EXPÓN:

Primeiro.- Que o portal oficial xustiza.gal dispón dun "Directorio de órganos xudiciais" que inclúe as Oficinas de Xustiza Municipais (antigos Xulgados de Paz). Este directorio é a ferramenta de referencia tanto para profesionais do dereito e órganos xudiciais como para a cidadanía para a comunicación electrónica coa Administración de Xustiza no ámbito local.

Segundo.- Que esta representación sindical ten constatado que un número significativo dos enderezos de correo electrónico que figuran nese directorio correspondentes ás Oficinas de Xustiza Municipais non se atopan operativos, ben porque non existen ou non foron activados, ben porque as mensaxes remitidas a eses enderezos son retornadas sen entrega.

Terceiro.- Que a existencia de datos de contacto incorrectos ou inactivos nun directorio oficial xera confusión e prexuízos tanto para os/as cidadáns/ás que intentan comunicarse coa Administración de Xustiza como para os/as profesionais que necesitan remitir escritos ou consultas, sen obter resposta e vendo frustradas as súas xestións, podendo ademais derivarse consecuencias negativas en termos de prazos e acceso á xustiza.

Cuarto.- Que, igualmente, cabe presumir que en moitos casos o propio persoal das Oficinas de Xustiza Municipais afectadas non coñece a existencia deses enderezos de correo asignados no directorio nin o uso para o que están previstos, o que impide que poidan xestionar adecuadamente as comunicacións que lles son dirixidas.

Por todo o exposto, esta representación sindical SOLICITA:

1.    Que pola Dirección Xeral de Xustiza se proceda á revisión técnica e posta en funcionamento inmediata de todos os correos electrónicos das Oficinas de Xustiza Municipais que figuran no portal xustiza.gal.

2.    Que, unha vez habilitados e operativos os ditos enderezos, se comunique expresamente a cada unha das Oficinas de Xustiza Municipais a existencia dos seus respectivos enderezos de correo electrónico, o acceso aos mesmos e a finalidade para a que deben ser empregados, garantindo así que o persoal poida xestionar as comunicacións que reciban de forma adecuada.

3.    Que se estableza un procedemento de mantemento e revisión periódica do directorio a fin de que os datos de contacto publicados sexan sempre precisos, actualizados e operativos.

En Santiago de Compostela, a 14 de abril de 2026."