UGT JUSTICIA INFORMA
TEXTO DEFINITIVO DO PROGRAMA DE VACACIONS 2026
A DXX remitiu a versión definitiva do programa anual de vacacións do ano 2026, que se publicará na intranet.
Texto definitivo Programa anual vacacións 2026
Como era previsible, a DXX non fixo grandes cambios con respecto ao texto do borrador. Únicamente modificou o seguinte:
- No apartado 2.5 fai un cambio na redacción e matiza que cando nunha área ou equipo con postos con observacións VSM ou actos de comunicación, debe garantirse a presenza na mesma porcentaxe que a establecida con carácter xeral. Na redacción orixinal a enumeración destes postos non era tan pechada como agora.
- No apartado 2.6, a nova redacción recolle que no suposto de non haber persoal suficiente para a tramitación ou execución das materias que foran propias destas, o/a Director/a do servizo común que corresponda poderá informar de forma negativa a solicitude de vacacións, en tanto non quede debidamente cuberto o servizo nese equipo, área, ou servizo, segundo corresponda. Deste xeito, corrixe a anterior redacción na que indicaba que o Director/a podía denegar a solicitude.
- No apartado 5.2.1 modifícase a redacción para engadir que as solicitudes de vacacións deben ser informadas e validadas polo superior funcional, cando no texto do borrador non se incluía este texto.