UGT XUSTIZA INFORMA

UGT SOLICITA CONVOCATORIA URGENTE DE MESA PARA ADAPTAR EL PLAN ANUAL DE VACACIONES A LA NUEVA ESTRUCTURA DE LOS TRIBUNALES DE INSTANCIA Y LA NUEVA OFICINA JUDICIAL


Texto del escrito presentado el día 17/03/2026 por la sede electrónica:


EXPÓN


PRIMEIRO. Que, de conformidade coa normativa vixente en materia de persoal ao servizo da Administración de Xustiza, a Dirección Xeral de Xustiza ten a obriga de publicar o Plan Anual de Vacacións con suficiente antelación para que os traballadores e traballadoras poidan exercer o seu dereito ao descanso nas condicións adecuadas.


SEGUNDO. Que o 31 de decembro de 2025 entrou en vigor a nova Oficina Xudicial, coa transformación dos xulgados en Tribunais de Instancia, o que supuxo a modificación substancial da estrutura organizativa dos centros de destino existentes ata esa data. Como consecuencia directa deste cambio, os centros de traballo que viñan sendo utilizados como referencia no plan de vacacións quedaron obsoletos e xa non se corresponden coa nova realidade orgánica e funcional.


TERCEIRO. Que a actual indefinición sobre como computar as porcentaxes mínimas de permanencia dentro dos novos servizos comúns dos Tribunais de Instancia está a xerar inseguridade xurídica e organizativa para todo o persoal.


CUARTO. Que, conforme ao artigo 37.1.m) do Real Decreto Lexislativo 5/2015 (TREBEP), as condicións de traballo e o réxime de vacacións son materias de obrigatoria negociación colectiva.


Por todo o exposto,


SOLICITA


Que esa Dirección Xeral de Xustiza proceda á convocatoria urxente da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal ao Servizo da Administración de Xustiza, co obxecto de adaptar o Plan de Vacacións á nova realidade funcional e orgánica derivada da implantación dos Tribunais de Instancia e da Nova Oficina Xudicial.