BOLSA DE INTERINOS

UGT JUSTICIA INFORMA 
BOLSA DE INTERINOS 

A DXX acaba de remitir a seguinte información:

"Pola presente infórmase de que foi asinado polo Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes a Orde sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, tras ser informado favorablemente polo Consello xeral do Poder Xudicial e pola Asesoría xurídica xeral. O proxecto de Orde foi tramitado de conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. 

Unha vez publicada a Orde no DOG, a Dirección xeral iniciará o procedemento para a formalización da convocatoria das bolsas,  en aras de resolver o antes posible o problema asociado ao esgotamento da bolsa actual, da cal se dará traslado."

Dende UGT manifestamos que non se nos deu traslado do texto, polo que supoñemos que será o último que se levou a mesa de negociación, que non contaba co apoio desta organización sindical.

Tan pronto teñamos o texto, informaremos do contido do mesmo.