ACTIVIDADES DE AUTOFORMACIÓN OBRIGATORIAS PARA NOVAS INCORPORACIÓNS

 UGT JUSTICIA INFORMA

ACTIVIDADES DE AUTOFORMACIÓN OBRIGATORIAS PARA NOVAS INCORPORACIÓNS

Publicouse na intranet a seguinte información:

Con motivo da túa incorporación a un novo posto, é importante que coñezas os sistemas tecnolóxicos que empregarás no desenvolvemento da túa actividade diaria.

Para facilitar esta adaptación, poñemos á túa disposición unha serie de actividades de autoformación de carácter obrigatorio, asociadas ao posto de traballo que vas desempeñar. Deberás matricularte na actividade que che corresponda en función da túa categoría profesional e do teu destino.

 

Ademais da actividade de benvida que che corresponda, tamén podes consultar o catálogo de contidos dispoñibles na plataforma e participar noutras actividades de interese.

Recomendámosche revisar a información publicada no apartado Xustiza Dixital, onde atoparás recursos e contidos de utilidade para o desempeño do teu posto.