UGT JUSTICIA INFORMA
NOTA INFORMATIVA SOBRE LA PRUEBA DE GALLEGO, GESTIÓN TURNO LIBRE
La DX ha remitido la siguiente nota informativa en relación a la prueba de gallego de gestión, turno libre.
OPOSICIÓNS AO CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, ACCESO LIBRE, ORDE JUS/1254/2022, DO 7 DE DECEMBRO. AVALIACIÓN DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA
A proba de coñecemento da lingua galega terá lugar o día 21 de maio de 2024 as 9:00h, na aula nº11 da EGAP en Santiago de Compostela.
A acreditación dos tres niveis (celga 4, linguaxe xurídica media e linguaxe xurídica superior)
axustarase ao establecido na Orde de 16 xullo 2007, da Consellería de Presidencia,
Administracións públicas e Xustiza, (DOG de 30 de xullo de 2007) modificada pola Orde de 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde de 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), (DOG de 19 de febreiro de 2014) e Orde de 1 de abril de 2005 (DOG de 14 de abril de
2005).
As probas desenvolveranse do seguinte xeito:
9:00 h-10:00 h. Proba de Linguaxe Xurídica Superior
10:00 h-11:00 h. Proba de Linguaxe Xurídica Media
11:00 h-11:30 h. Descanso
11:30 h-13:00 h. Proba do Celga 4
As valoracións cualificaranse como APTO/A ou NON APTO/NON APTA. Para acadar a acreditación de apto/a no nivel de linguaxe xurídica superior é preciso ou ben obter a cualificación de apto/a nos niveis de linguaxe xurídica media e celga 4, ou ben documentalo.
Como anexo móstrase a listaxe de persoas que superaron a oposición e que na solicitude marcaron ou ben realizar a proba de coñecemento de idioma (R) ou documentar e realizar a proba (D-R) e que polo tanto están convocadas o día 21.