FORMACIÓN EGAP - SE CONVOCAN, CON CARÁCTER EXTRAORDINARIO, ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA PARA O PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

 

No DOG de 11/05/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021 pola que se convocan, con carácter extraordinario, actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.


O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 20 de maio de 2021.


As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


Acceso ao contido completo da convocatoria (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210511/AnuncioO150-040521-0001_gl.html