FORMACIÓN EGAP - CONVOCATORIA: XORNADA “A LEI DE RECUPERACIÓN DA TERRA AGRARIA DE GALICIA”

 

No DOG de 18/05/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021 pola que se convoca a xornada A Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.


A xornada está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes instrumentais, da Administración local, de xustiza, das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.


Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Datas: 21 de maio de 2021.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 8 horas lectivas.

Número de prazas: 80.


A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo //egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.


Acceso ao contido completo da convocatoria (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210518/AnuncioO150-100521-0001_gl.pdf