FORMACIÓN: DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4, NO ANO 2021, QUE FORON CONVOCADAS MEDIANTE A RESOLUCIÓN DO 8 DE MARZO DE 2021

 

No DOG de 04/05/2021 publicouse a seguinte disposición de Política Lingüística:


RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021 (código de procedemento PL500C).


Datas de realización das probas para a obtención dos certificados delingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021:


Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:


22 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E e F.


23 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ e O.


29 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunhadas seguintes letras: P, Q, R, S, T, U, V, W e X.


Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:


30 de maio de 2021, para todas as persoas admitidas


Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:


5 de xuño de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E, F, G, H, I, J e K.


6 de xuño de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W e X.


Celga 1, en Santiago de Compostela:


12 de xuño de 2021, para todas as persoas admitidas.


Acceso ao contido completo da Resolución de Política Lingüística (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210504/AnuncioG0598-260421-0003_gl.pdf