FORMACIÓN - CONVOCATORIA: CURSOS PARA O PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE ACORDO CO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A A EGAP E FESP-UGT GALICIA
No DOG de 06/05/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):
RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2021 pola que se convocan cursos para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma e da Administración local de Galicia no eido social.
De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e a Federación de Empregados e Empregadas dos Servizos Públicos de Galicia (en adiante, FeSP-UGT Galicia) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.
Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma e da Administración local de Galicia que se encontre en situación de servizo activo.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 14 de maio de 2021.
Acceso ao contido completo da convocatoria (DOG):
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210506/AnuncioO150-280421-0001_gl.pdf