No DOG de 26/05/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):
RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia.
A EGAP convoca para os días 1 e 15 de xuño dous novos e-martes centrados no Rexistro electrónico na Xunta de Galicia.
Inscricións dispoñibles en https://egap.xunta.gal/matricula nos seguintes prazos:
-Para a xornada do 1 de xuño: desde as 8 horas do 27 de maio ata as 23.55 horas do día 28 de maio.
-Para a xornada do 15 de xuño: desde as 8 horas do 27 de maio ata as 23.55 horas do día 9 de xuño.
Máis información en https://egap.xunta.gal/fichanova/id/3685
Acceso ao contido completo da convocatoria (DOG):
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210526/AnuncioO150-200521-0001_gl.pdf