No DOG de 15/04/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):
RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2021 pola que se convoca o webinario "As responsabilidades do persoal empregado público".
Este seminario web ten como obxectivo ofrecer unha visión integral e interrelacionada das responsabilidades administrativas, penais, disciplinarias e contables para a súa mellor comprensión por parte do persoal empregado público.
Data: xoves, 22 de abril de 2021.
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 9.00 ás 11.00 horas.
Duración: 2 horas lectivas.
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible na dirección https://egap.xunta.gal/.. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8:00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 20 de abril de 2021.
Acceso á convocatoria (DOG):
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210415/AnuncioO150-080421-0001_gl.pdf