FORMACIÓN EGAP - CONVOCATORIA: XORNADAS XVI E XVII DE FORMACIÓN PRÁCTICA DIXITAL (E-MARTES), NO MARCO DA INICIATIVA UNIVERSO EGAP INNOVA

 

No DOG de 20/04/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas XVI e XVII de formación práctica dixital (E-martes).


Persoas destinatarias: O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida


Desenvolvemento. Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.


Datas: os martes 4 e 18 de maio de 2021.


Horario: mañá e tarde. Duración: 6 horas lectivas cada xornada.


Número de prazas. Persoal empregado público: 16.


A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.


Acceso ao contido completo da convocatoria da EGAP (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210420/AnuncioO150-130421-0001_gl.pdf