FORMACIÓN EGAP - CONVOCATORIA: CURSOS DE FORMACIÓN DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NAS TAREFAS DE TIPO ADMINISTRATIVO DIRIXIDOS AO PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE GALICIA
No DOG de 16/04/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):
RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2021 pola que se convocan cursos de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo dirixidos ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
Deberá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución: O persoal ao servizo da Administración de xustiza que non realizase con anterioridade este curso de formación, así como aquel con destino nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz das provincias de Lugo e Ourense que estea en situación de servizo activo e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Acceso ao contido da Resolución 07/04/2021 EGAP (DOG):
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210416/AnuncioO150-080421-0003_gl.pdf