FORMACIÓN EGAP - CONVOCATORIA: CURSO SUPERIOR DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA E O SEU SEGURO

 

No DOG de 22/04/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2021 pola que se convoca o Curso superior de responsabilidade patrimonial da Administración pública e o seu seguro.


Obxectivos. Este curso superior pretende ofrecer unha formación completa en materia de responsabilidade patrimonial derivada de danos a particulares como consecuencia do funcionamento dos servizos públicos, así como acerca do réxime xurídico aplicable ao seguro de responsabilidade patrimonial das administracións públicas.


O curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local como de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estea en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.


Modalidade de desenvolvemento: mixta.


Duración: 32 horas lectivas (6 horas presenciais, 18 horas de telepresenza e 8 horas de traballo autónomo do alumnado).


Datas: do 7 de maio ao 16 de xullo de 2021.


O desenvolvemento da parte presencial do curso será na EGAP, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. A parte de telepresenza desenvolverase en liña a través da aula virtual da EGAP (https://egap.xunta.gal/aulavirtual/).


O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 30 de abril de 2021.


As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


Acceso á Resolución da convocatoria da EGAP (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210422/AnuncioO150-160421-0001_gl.pdf