EXAMES DE AUXILIO 17 DE ABRIL
Segundo o comunicado polo Ministerio a UXT despois da reunión mantida por videoconferencia coas CCAA a data provisional do exame de Auxilio é o 17 abril. Esta pendente a confirmación por parte dalgunhas comunidades autónomas.
PUBLICACIÓN DE COMISIÓNS DE SERVIZO PARA Os XULGADOS DE NOVA CREACIÓN
En relación á publicación de Comisións de Servizos para os Xulgados de nova creación a Dirección xeral de Xustiza remítenos o seguinte correo:
“Comunícase que durante esta semana, está prevista a publicación na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal), e no sitio web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e urismo (https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo), da Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
Os xulgados de nova creación como xa temos informado son os seguintes.
- Xulgado do social núm. 7 da Coruña
- Xulgado do social núm. 4 de Lugo
- Xulgado do social núm. 7 de Vigo