No DOG de 19/11/2020 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega
de Administración Pública (EGAP):
RESOLUCIÓN do 13 de
novembro de 2020 pola que se convoca, no
marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a X Xornada de formación práctica
dixital (E-martes).
Persoas destinatarias: O persoal empregado público, en situación
de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus
entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias darase prioridade á
inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que
as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
Desenvolvemento
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa
Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Data: martes, 1 de decembro de 2020. 
Horario: mañá e tarde. 
Duración: 6 horas lectivas.