CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DA FICHAXE NO POSTO DE TRABALLO EN TODOS OS ÓRGANOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA, INCLUÍDOS XULGADOS DE PAZ

Finalizada a primeira fase de implantación da fichaxe no posto de traballo nas sedes da Administración de Xustiza en Santiago de Compostela, está prevista a ampliación deste sistema ao resto de órganos da Administración de Xustiza en Galicia, incluídos os Xulgados de Paz con persoal funcionario.
O anterior sistema de  xustificación do cumprimento do horario, a través da fichaxe nas máquinas dos edificios xudiciais ou a través de partes de sinatura,  deixará de ter efecto no momento que se habilite a fichaxe no PC do posto de traballo. As máquinas existentes nos edificios xudiciais quedarán desactivadas,  sendo a fichaxe no PC do posto de traballo a única válida a efectos de xustificación do cumprimento do horario. No caso de non disponer de terminal informático propio, a fichaxe poderase realizar en calquera outro PC do centro de traballo.
Na intranet de Xustiza atópase a disposición dos usuarios unha guía de uso e preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe.
Dirección web: http://intranetxustiza.xunta.es/web/d.x.xustiza/kronos



DATAS DE IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE FICHAXE NO PC DO POSTO DE TRABALLO (KRONOS):


Semana do 10 de decembro-


Cangas

Dia 2 de Xaneiro-

Betanzos, Ribeira, Lugo, Ourense, Cambados, Ponteareas, O Porriño, Vilagarcia de Arousa.

Día 1 de Febreiro

A Coruña - Arzúa - Carballo -Corcubión - Muros - Negreira - Noia - Ordes - Ortigueira - Padrón

Becerreá - Chantada - A Fonsagrada - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Sarria - Vilalba - Viveiro

Bande - Barco de Valdeorras - Carballiño - Celanova - Pobra de Trives - Ribadavia - Verín -Xinzo de Limia -

Caldas - Estrada - Marín - Lalín - Pontevedra - Redondela -Tui.



Día 1 de Marzo

Vigo e Ferrol e xulgados de paz con personal funcionario.