EGAP – X XORNADA DE FORMACIÓN PRÁCTICA DIXITAL (E-MARTES)

 

No DOG de 19/11/2020 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):

 

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a X Xornada de formación práctica dixital (E-martes).

 

Persoas destinatarias: O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias darase prioridade á inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

 

Desenvolvemento

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Data: martes, 1 de decembro de 2020.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 6 horas lectivas.