EGAP – FORMACIÓN: WEBINARIO "O PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO: RÉXIME XURÍDICO E RESPOSTAS Á PROBLEMÁTICA SUSCITADA POLA TEMPORALIDADE NA FUNCIÓN PÚBLICA"

 

No DOG de 12/11/2020 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2020 pola que se convoca o webinario O persoal funcionario interino: réxime xurídico e respostas á problemática suscitada pola temporalidade na Función Pública.


Persoas destinatarias: Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e dos seus entes instrumentais e da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia. 


Desenvolvemento. Data: xoves, 19 de novembro de 2020.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: de 12.00 a 13.30 horas.

Duración: 1,5 horas lectivas. 


As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible na dirección <https://egap.xunta.gal/matricula> . As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8:00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 16 de novembro de 2020


Acceso ao contido completo da citada Resolución 06/11/2020 EGAP (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201112/AnuncioO150-061120-0001_gl.pdf