EGAP – FORMACIÓN - “CURSO DE TRANSPARENCIA ADMINISTRATIVA E ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA”

 

No DOG de 03/11/2020 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2020 pola que se convoca un curso de transparencia administrativa e acceso á información pública.


O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 12 de novembro de 2020.


As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.


Acceso á convocatoria no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201103/AnuncioO150-271020-0001_gl.html