EGAP – XORNADA: PROTECCIÓN DE DATOS A PARTIR DA PANDEMIA COVID-19

 

No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2020 pola que se convoca a xornada Protección de datos a partir da pandemia COVID-19.


O obxectivo principal desta xornada é tomar coñecemento das últimas novidades na aplicación da normativa de protección de datos a partir da emerxencia sanitaria derivada da pandemia COVID-19 e analizar o impacto das medidas adoptadas sobre os dereitos recollidos na dita normativa.


A xornada está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes instrumentais.


Data: martes, 29 de setembro de 2020.

Horario: das 11.30 ás 14.00 horas.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Duración: 2,5 horas lectivas. 



Acceso ao contido da Resolución 09/09/20 EGAP (DOG)