CIRCULAR INFORMATIVA DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA SOBRE O MANTEMENTO DO TELETRABALLO

 

Pola Dirección Xeral de Xustiza de Galicia se ten publicado na intranet a seguinte información:


Por medio da Resolución do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que, dando traslado ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia da Orde JUS/504/2020, do 5 de xuño, se regula a fase 3 do Plan de desescalada ante a COVID-19, establecéronse medidas para a realización de funcións mediante teletraballo.


Nesta data entra en vigor a Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, na que se inclúe o fomento do teletraballo coa finalidade de recuperar a actividade ordinaria das oficinas xudiciais e fiscais e de facer compatible esta coa adecuada protección da saúde do persoal da Administración de xustiza, do resto de profesionais e dos particulares que acoden ás súas sedes.


En consecuencia, e mentres non haxa unha regulación específica desta modalidade de prestación de servizos no ámbito da Administración de xustiza, cómpre manter as medidas establecidas na antes referida Resolución do 8 de xuño de 2020, desta Dirección Xeral de Xustiza.