A Dirección Xeral de Xustiza de Galicia, con relación á publicación
das bolsas de persoal interino, informou o seguinte:
Comunícase que, na
semana do 27 de xaneiro, está prevista a publicación das
listas resultantes ás que fai referencia o punto 2 do
artigo 10 da Resolución do 18 de marzo, da Dirección Xeral de
xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino
dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en
Galicia.
Cada persoa solicitante só poderá formar
parte dunha única bolsa, corpo e provincia, polo que no caso de que
estea incluída en bolsas de distintos corpos, ou en varias
provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única na cal
desexe quedar. Se non o fai, entederase que desiste de todas as súas
solicitudes.
A elección deberá facerse
TELEMATICAMENTE, no prazo de dez días hábiles a partir da
publicación das mencionadas listas, cubrindo
NECESARIAMENTE o formulario electrónico na aplicación
informática.
É importante recordar que ao elixir a bolsa
correspondente xérase un borrador que é necesario
presentar, ben electrónicamente, con DNI electrónico ou
certificado dixital, ou ben manualmente en calquera dos lugares do
artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das
Administracións Públicas.
Todos os solicitantes de bolsa dispoñen dun
manual na pantalla de "solicitude de bolsa", no apartado
"Instrucións".
Nas páxinas 27-29 do manual
(33-35 no manual en castelán), explícase como realizar a elección
de bolsa.