PERSONAL INTERINO - ULTIMA HORA - PUBLICACIÓN DAS BOLSAS


A Dirección Xeral de Xustiza, con relación á publicación das bolsas do persoal interino da Administración de xustiza de Galicia, informou o seguinte:

Comunícase que a publicación das listas resultantes ás que fai referencia o punto 2 do artigo 10 da Resolución do 18 de marzo, da Dirección Xeral de xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia prevese para o 28.01.2020.

As listas poderán consultarse a través da OPAX, seguindo a ruta Bolsa de interinos->Listaxes.