PERSOAL INTERINO - RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A LISTAXE RESULTANTE DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DA BOLSA DE TRABALLO
No día
de hoxe figura a seguinte información publicada na Intranet
da Dirección Xeral de Xustiza:
"RESOLUCIÓN
do 24 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a listaxe resultante de
admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e
administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio
xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do
18 de marzo de 2019
Publicouse
a RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a listaxe
resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión
procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e
auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de
Xustiza do 18 de marzo de 2019.
Pode
consultar a resolución facendo clic nesta ligazón.
As
listas poderán consultarse a través da OPAX
(https://www.xunta.es/sxpa/AIX/), seguindo a ruta Bolsa de
interinos->Listaxes.
Aqueles
aspirantes que estean incluídos en bolsas de distintos corpos, ou en
varias provincias da mesma bolsa deberán seleccionar aquela única
na cal desexen quedar no prazo de dez días hábiles desde a
publicación desta resolución (Fin do prazo: 11.02.2020 ás 23.59h).
En caso contrario, entenderase que desisten da súa solicitude.
A
elección deberá facerse de maneira electrónica a través da OPAX.
É
importante recordar que ao elixir a bolsa correspondente xérase un
borrador que é necesario presentar, ben electrónicamente, con DNI
electrónico ou certificado dixital, ou ben manualmente en calquera
dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento
administrativo común das Administracións Públicas.
Todos
os solicitantes de bolsa dispoñen dun manual na pantalla de
"solicitude de bolsa", no apartado "Instrucións".
Nas
páxinas 27-29 do manual (33-35 no manual en castelán), explícase
como realizar a elección de bolsa."