UGT XUSTIZA INFORMA
CORRECCIÓN ERROS TRAMITACIÓN PJC/150/2024 (PROMOCIÓN INTERNA)

A DXX ven de informar que o 21.08.2026 está prevista a publicación no DOG da CORRECCIÓN DE ERROS da Resolución do 31 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle adxudican destinos nas oficinas xudiciais que se relacionan no anexo I ao persoal funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa (quenda promoción interna) que aprobou nas probas selectivas para o ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda promoción interna) convocadas pola Orde PJC/150/2024, do 19 de febreiro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A publicación da corrección de erros no BOE terá lugar nunha data posterior