EGAP - CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E XURÍDICA GALEGA PARA PERSOAL AO SERVIZO DAS DISTINTAS ADMINISTRACIÓNS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA
No DOG do 12/02/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):
No DOG do 12/02/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):
RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021 pola que *se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.
Os cursos van dirixidos aos empregados públicos e ás empregadas públicas destinados/as nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia...
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas pola EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.
Acceso á Resolución 08/02/2021 da EGAP (DOG):
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210212/AnuncioO150-050221-0001_gl.pdf