EGAP – XORNADA DE FORMACIÓN PRÁCTICA DIXITAL (E-MARTES) SOBRE O REXISTRO ELECTRÓNICO NA XUNTA DE GALICIA

 

No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):

 

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia.

 

As xornadas de formación práctica dixital (E-martes) correspondentes aos meses de novembro e decembro de 2021 estarán dedicadas ao Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia.

 

As persoas destinatarias destas actividades son:

- O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes públicos instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

- A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

 

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Datas: os martes 16 de novembro e 14 de decembro de 2021.

Horario: de mañá e tarde.

Duración: 7 horas lectivas cada xornada.

 

A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

 

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:

- Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 16 de novembro: desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 11 de novembro de 2021.

- Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 14 de decembro: desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 9 de decembro de 2021.

 

Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

 

Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211103/AnuncioO150-281021-0001_gl.pdf