EGAP – FORMACIÓN - “WEBINARIO: CLAVES PARA A MODERNIZACIÓN DA ESTRUTURA FUNCIONARIAL

 


No DOG do 08/11/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2021 pola que se convoca o webinario Claves para a modernización da estrutura funcionarial. .


O obxectivo principal deste seminario web é analizar, por unha banda, as oportunidades de mellora que presenta a actual estrutura da función pública, baseada en dous elementos esenciais: o subxectivo, que fai referencia aos corpos do persoal empregado público, e o obxectivo, que fai referencia ao posto de traballo e ás relacións de postos de traballo; e, por outra banda, as adaptacións destes elementos ás exixencias que require unha Administración moderna e que actúa por proxectos, tal como exixe a Administración pos-COVID.


Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e das súas entidades públicas instrumentais e da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.


Data: xoves 25 de novembro de 2021.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 12.30 ás 14.30 horas.

Duración: 2 horas lectivas.


Máis información (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211108/AnuncioO150-281021-0002_gl.pdf