EGAP - ACTIVIDADES DE FORMACIÓN: CONVOCATORIA DO WEBINARIO “AS LIÑAS VERMELLAS DA REFORMA DA FUNCIÓN PÚBLICA”

 

No DOG do 13/09/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2021 pola que se convoca o webinario As liñas vermellas da reforma da función pública.


O obxectivo principal deste seminario web é analizar as propostas presentadas en materia de reforma da función pública española nos últimos anos, así como examinar os posibles impedimentos para levar a cabo a dita reforma.


Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes instrumentais.


Desenvolvemento: martes 21 de setembro de 2021.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.

Duración: 2 horas lectivas.


O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 16 de setembro de 2021.


As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


Máis información (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210913/AnuncioO150-060921-0001_gl.pdf