CONVOCADO A PROVISIÓN TEMPORAL UN POSTO DE DIRECCIÓN, MEDIANTE COMISIÓN DE SERVIZOS NO INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA (IMELGA)

  

Pola Dirección Xeral de Xustiza ditouse a Resolución do 9 de setembro de 2021, pola que se convoca a provisión temporal dun posto de Dirección, mediante comisión de servizos no Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA).

 

Poderán solicitar a comisión de servizos, con exención de funcións no seu posto actual os/as funcionarios/as de carreira pertencentes ao Corpo de Médicos Forenses integrados no Instituto de Medicina Legal de Galicia, calquera que sexa a súa situación administrativa.

 

O prazo de presentación de solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo).

 

Acceso ao contido completo da Resolución 09/09/2021 da DXX (PDF):

https://drive.google.com/file/d/1OpVzbK4MEICp29UGBExL6grH8QAXXxhg/view?usp=sharing