EGAP – FORMACIÓN: WEBINARIO "A CARREIRA FUNCIONARIAL NA ADMINISTRACIÓN GALEGA"

 

No DOG de 05/01/2021 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2020 pola que se convoca o webinario A carreira funcionarial na Administración galega.


Este seminario web ten como obxectivo analizar o réxime vixente da carreira administrativa do funcionariado público, nas súas distintas modalidades de carreira horizontal e vertical e promoción interna, prestando especial atención á progresiva introdución da carreira horizontal, establecida polo EBEP e recollida na Lei do emprego público de Galicia.


Persoas destinatarias: Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e dos seus entes instrumentais e da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.


Desenvolvemento: xoves, 21 de xaneiro de 2021. Telepresenza.

Horario: das 12.00 ás 13.30 horas.

Duración: 1,5 horas lectivas.


As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 14 de xaneiro de 2021.


Acceso ao contido completo da convocatoria por Resolución 21/12/2020 da EGAP (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210105/AnuncioO150-231220-0001_gl.pdf