Tomas de posesión e cesamento concurso de traslados


O vindeiro mércores 21 publicarase no BOE e no DOG a Resolución do 6 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 30 de abril de 2012.
  • Fotocopia do DNI.
  • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e/ou tarxeta de Muxexu.
  • Certificado de haberes.
  • Certificación ou copia dos trienios.
  • Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan.
  • Modelo 145 (IRPF).
  • Solicitude de tarxeta de identificación persoal e fotografía actualizada.
  • Fotocopia do DNI.
  • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios).
 Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino, e non no órgano xudicial como se viña facendo ata o momento. Por cuestións organizativas, agradeceríase a formalización das tomas de posesión entre as 9.00 e as 11.30 h e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00 h de luns a venres. (Fóra destas faixas horarias o acceso ás dependencias dos respectivos servizos de persoal de Xustiza pode ter restricións.)
Á marxe das datas de cesamento fixadas na resolución (corpo de tramitación o día 26/11/2012, auxilio e xestión o día 03/12/2012), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza doutro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión, sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución de adxudicación.
Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar os expedientes persoais.
 Persoal procedente de fóra da comunidade:

Persoal destinado na comunidade:

*No caso de non estar en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse o máis axiña posible ao correspondente servizo de Xustiza.