UGT Xustiza Informa

ADXUDICACIÓN DE DESTINOS XESTIÓN E TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA EN GALICIA (ORDES PJC 104 E 150/2024)

Publicanse no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE) as resolucións pola que se adxudican destinos nas oficinas xudiciais ao persoal funcionario que superou as probas selectivas de promoción interna nos corpos de Xestión e Tramitación Procesal no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

📌 INFORMACIÓN ADICIONAL:
Está previsto que esta información se publique tamén na Intranet de Xustiza e na páxina web da Consellería.

Xestión Procesal e Administrativa (Orde PJC/104/2024)

Resolución do 31 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se adxudican destinos nas oficinas xudiciais ao persoal funcionario do corpo de Xestión Procesual e Administrativa (quenda promoción interna).

Tramitación Procesal e Administrativa (Orde PJC/150/2024)

Resolución do 31 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se adxudican destinos nas oficinas xudiciais ao persoal funcionario do corpo de Tramitación Procesual e Administrativa (quenda promoción interna).