MUTUALIDAD GENERAL JUDICIAL: COLABORADORES


DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DA MUGEJU BUSCA 2 COLABORADORES RETRIBUÍDOS PARA A SUA DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA.

Búscanse 2 colaboradores do corpo de Xestión, Tramitación ou Auxilio indistintamente, para cubrir as ausencias por vacacións, permisos e licencias da titular da praza da Mugeju en Pontevedra, coa finalidade de substituir a esa persoa na realización de tarefas administrativas e de atención ó mutualista imprescindibles, tales como expedir talonarios, visar recetas, tramitación de altas e baixas, expedición de tarxetas de afiliación e similares, e sen exención das tarefas propias do seu posto.

O anterior conforme á resolución do 15-1-2018 da Dirección Xeral de Xustiza, referente á colaboración do persoal da admón de Xustiza coa Mugeju.

A colaboración consiste na presencia física do colaborador durante unha hora diaria en horario de atención ó público (entre as 9 e as 14.00 horas), os días ou meses designados, no local de Mugeju.

Compensación económica aboada por parte de Mugeju: 17,95 €/dia
.
Solicitudes: Deberán dirixirse ó Delegado de Mugeju en Pontevedra, Juan Ignacio Saiz Martín.

Prazo de solicitudes: ATA O VINDEIRO XOVES 21 DE NOVEMBRO.