ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA: II CONGRESO INTERNACIONAL DE CRIMINALÍSTICA APLICADA. A INVESTIGACIÓN CRIMINAL FORENSE



No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Academia Galega de Seguridade Pública:

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2019 pola que se convoca o II Congreso internacional de criminalística aplicada. A investigación criminal forense.


Edicións: 1.       Horas lectivas: 8.       Datas: 15 e 16 de novembro de 2019.

O persoal que desexe participar no congreso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal.

Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 13 de novembro de 2019.