FORMACIÓN – EGAP: CURSO DE PERMISOS DE CORRESPONSABILIDADE NOS COIDADOS FAMILIARES PARA A IGUALDADE


De acordo co Convenio de colaboración subscrito con data do 23 de xullo de 2019, entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e Federación de Empregados e Empregadas dos Servizos Públicos de Galicia (en diante FeSP UGT Galicia) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2019 pola que se convoca un curso de permisos de corresponsabilidade nos coidados familiares para a igualdade.


Poderá participar na acción formativa convocada nesta resolución o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica, como local e de xustiza (...)

O prazo de presentación de solicitudes será de sete días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unhavez que se complete correctamente o proceso de matriculación.