CURSO DE FORMACIÓN DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DIRIXIDO AO PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA QUE PRESTA SERVIZOS NOS EDIFICIOS XUDICIAIS DO PARTIDO XUDICIAL DE BAIONA, GONDOMAR, NIGRÁN E VIGO.


No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2019 pola que se convoca un curso de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo dirixido ao persoal da Administración de xustiza que presta servizos nos edificios xudiciais do partido xudicial de Baiona, Gondomar, Nigrán e Vigo.