UGT DENUNCIA A INACTIVIDADE DO CONSELLEIRO SR. RUEDA

UGT insiste na responsabilidade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por deixación de funcións
UGT-Xustiza denuncia que a falta de seguridade e de persoal nos xulgados facilita o roubo nos arquivos.

Santiago, 29 de agosto de 2014.- UGT-Xustiza denuncia que a falta de seguridade, de organización e de persoal nos xulgados e sedes de xustiza de toda Galicia fan posible os roubos e saqueos nos arquivos xudiciais, donde se atopan non só expedentes, senón tamén documentos, probas e pezas de convicción, necesarias para a resolución dos casos.
O suceso acaecido recentemente no Edificio de Xustiza de Santiago de Compostela, no que saquearon, revolveron expedientes e substraxeron pezas de convición dos arquivos, é causa directa da inacción por parte da Consellería a cargo do Sr. Rueda. Neste caso concreto, que afecta aos Xulgados de Instrucción, números 1 e 3, e do Penal número 1, é un feito continuado no tempo, denunciado hai tempo e posto en coñecemento da Dirección Xeral de Xustiza de Galicia.
UGT ven denunciando sistemáticamente que a falta de persoal, agravada pola falta de organización e de seguridade nos edificios xudiciais de Galicia, fai posible que persoas alleas á administración de xustiza poidan acceder aos arquivos nos que se depositan os expedientes e as pezas de convicción dos casos que están abertos, ben sexa co ánimo de roubar ou co ánimo de interferir no funcionamento da Xustiza.

Por se fose pouco, a falta de persoal vese incrementada nestes momentos ao ter obrigado a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a facer o espurgo (limpeza periódica de expedientes) aos funcionarios de xustiza, cando debera facelo o persoal directamente dependente da Xunta de Galicia, situación esta que UGT ven continuamente denunciando.