LISTAS PROVISIONAIS DE INTERINOS

O vindeiro 11 de setembro publicarase no DOG a RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2014 pola que se aproba a listaxe provisional de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 15 de xaneiro de 2014.

As listaxes publicaranse nos taboleiros oficiais da Dirección Xeral de Xustiza, das audiencias provinciais, dos xulgados decanos das capitais de provincia e das cidades de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, así como no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet de Xustiza.