UGT JUSTICIA INFORMA
NOTA INFORMATIVA CONXUNTA SOBRE A MESA SECTORIAL DO 10 DE XUÑO DE 2025
As tres organizacións sindicais (STAJ, UXT e CSIF) nunha soa voz esiximos á Administración que achegue toda a documentación que xustifique as súas propostas e que é imprescindible para a negociación, polo que lle reclamamos que nos entregue as cargas de traballo, os manuais de postos e os protocolos de actuación aos sindicatos para analizar a distribución do persoal nas RPTS. Non se entrou polo miúdo nas RPT das cidades porque insistimos na falta de datos. De feito, os tres sindicatos pedimos a suspensión da mesa, ó que non se accedeu, pero si se comprometeron a pasarnos máis documentación.
En relación aos protocolos de actuación, lembrámoslle á Dirección Xeral de Xustiza (DXX) a obrigación legal e regulamentaria que teñen os Secretarios coordinadores provinciais de colaborar coa Administración Autonómica para a efectividade das funcións que esta ostenta en materia de medios persoais e materiais e, concretamente, a prescrición legal establecida no RD 1608/2005 (Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios Xudiciais) que obriga aos Secretarios coordinadores provinciais a informar á DXX sobre a creación ou modificación das RPT.
Ademais, deixamos claro que o partido xudicial de Ferrol non pode quedar descolgado do resto, sobre todo tendo en conta as estatísticas e a poboación que o equiparan a outros partidos xudiciais como Santiago e Pontevedra que teñen Áreas diferenciadas dentro os Servizos Comúns, polo que, de non crearse as Áreas porque a Resolución da estrutura da Oficina Xudicial de momento impídeo, teñen que crearse os Equipos de Traballo.
En todas as cidades, amplían o cadro de persoal do Servizo Común de Tramitación ou do Servizo Común de Execución co persoal dos servizos transversais, sobre todo, cos do servizo de apoio, que o pasan ás áreas nas que están dando apoio.
Dan prioridade ó Servizo Común de Execución de ai que miraran as cargas de traballo das executorias facilitadas polas Secretarías Coordinadoras. Tomaron como exemplos as do ano 2023 e 2024 posto que din que o anterior non son datos fiables polo COVID. Din que o número de executorias por persoa é o seguinte: Ferrol: 140 (non existen aquí áreas); Lugo: 95 en civil e 130 en penal; Ourense: 96 en civil e 109 en penal; Santiago; 107 en civil e 150 en penal; Pontevedra: 75 en civil e 170 en penal; Vigo: 137 en civil e 149 en penal; e A Coruña: 109 en civil e 131 en penal.
Igualmente, os tres sindicatos reclamamos os Equipos de Traballo para todas as Áreas en todos os partidos xudiciais, e démoslle argumentos sobrados á Administración para facelo, entre eles que na área Penal constitúese de feito o Equipo de VSM, e lembrámoslles que a Lei non impón un número mínimo para crealos polo que se poderían facer equipos a partir de 15 persoas (o equivalente a dous xulgados). Ademais, as Xefaturas de Equipo deben ter un Equipo de traballo para cumprir coa modificación do Regulamento que está pendente de publicación, pola contra, de non seren así, non poderían ter as funcións que para elas establécense.
NON aos postos de Libre Designación (LD). Os tres sindicatos opoñémonos radicalmente aos postos de LD e, ademais, fixémoslle saber que a Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPJ) só establece que o Secretario de Goberno poida estar auxiliado por persoal ao servizo da Administración de xustiza, pero non os Secretarios coordinadores provinciais e tampouco os Presidentes das Audiencias Provinciais.
En canto á reorganización do persoal, comentaron que para a fase de confirmación terán preferencia para confirmarse os funcionarios/as segundo a súa antigüidade no posto actual. Na fase de reordenación, a DXX explica que centro de destino a efectos de reordenación de efectivos é a antigüidade na orde xurisdicional concreta na localidade.
Lembrámoslle á DXX que tramitar e executar teñen tempos e dificultades distintas que deben terse en conta na distribución de efectivos das RPTS. E no proceso de axuste deben respectarse os dereitos de todo o persoal funcionario e que debe terse ineludiblemente en conta a xurisdición de procedencia na confirmación de postos, así como a forma de decidir se a unha persoa correspóndelle ir ao Servizo Común de Tramitación ou ao Servizo Común de Execución, cando no órgano de procedencia realizaba ambas as funcións (tramitar e executar).
En canto á adscrición provisional de xestores, están revisando todo pero cren que poden deixar a todo o mundo na mesma localidade.