O XULGADO DO SOCIAL Nº 4 DE SANTIAGO ENTRA “EN FUNCIONAMENTO” SEN MATERIAL DE OFICINA E SEN TELÉFONO

O luns 30 de setembro estaba prevista a posta en marcha do Xulgado do Social nº 4 de Santiago de Compostela, con todo cando esta mañá chegaron os funcionarios para desenvolver o seu traballo atopáronse que, excepto cadeiras, mesas e ordenadores, non había nada máis, nin liña de teléfono, nin material de oficina, nin selos do xulgado, por non haber non había nin papeleira. O sector de Xustiza de FeSP-UGT Galicia critica a falta de planificación por parte da Administración e solicita a reacción inmediata para permitir aos traballadores cumprir coa súa tarefa cos medios necesarios e para prestar un servizo digno á sociedade.