FORMACIÓN – EGAP - “II XORNADA DE FORMACIÓN PRÁCTICA DIXITAL (E-MARTES)”


No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2019 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a II Xornada de formación práctica dixital (E-martes).*

Os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Data: 5 de novembro. Horario: mañá e tarde. Duración: 6 horas lectivas.”

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.”