FORMACIÓN – EGAP - “XORNADA: ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN XUDICIAL DE ACTIVOS”


No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):
RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2019 pola que se convoca a xornada Administración e xestión xudicial de activos.

O obxectivo principal desta xornada é dar a coñecer a situación legal dos activos intervidos xudicialmente no marco dos procedementos penais así como as distintas ferramentas e posibilidades de xestión, administración e realización que se atopan ao dispor das unidades xudiciais, coa finalidade de optimizar a xestión dos ditos patrimonios.”

Data: martes, 8 de outubro de 2019.
Horario: de mañá e tarde.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.  
O prazo para a inscrición estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 6 de outubro de 2019.
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización.