RESUMEN DE PRENSA


Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2019 |
ASÍ ESTÁ A XUSTIZA UN ANO DESPOIS DA LONGA FOLGA DOS SEUS FUNCIONARIOS

A transferencia de competencias en materia de xustiza afecta sobre todo ao apartado material. É dicir, a Xunta de Galicia fornece de edificios, material e espazos. O Goberno Central, concretamente o Ministerio de Justicia, é quen nomea xuíces, fiscais, pon salarios base para as diferentes categorías de funcionarios e funcionarias, porque o cadro de persoal en xustiza son funcionarios e funcionarias nacionais, son persoal do Estado. A folga entón, trataba de temas relativos a complementos salariais creados pola administración galega, o estado das instalacións e dos equipamentos, así como a mellora en cuestións laborais coa consolidación de prazas. Asinado un acordo entre Xunta, UGT, CC OO e USO, outros sindicatos non aceptaron o documento.

UN ANO DESPOIS
(...)
Desde a UGT, Manuel Díaz Mato cínguese ao acordo asinado porque recolleu todas e cada unha das reivindicacións presentadas no seu día no Parlamento de Galicia, tidas en conta por todos os grupos parlamentarios”. Díaz Mato considera que “acadamos o cento por cento do solicitado e ademais o acordo foi mellorado con outros engadidos como as cláusulas de revisión inseridas no mesmo documento, o complemento para os xulgados de violencia de xénero e o recoñecemento da carreira profesional en Galicia”.
(...)

SALARIOS
(...)
UGT-Xustiza ve que as forzas que non asinaron o acordo “deben valorar elas mesmas por que non o fixeron”. Ademais, “estas organizacións que non asinaron o acordo, ían contra os seus propios actos e reivindicacións”. Díaz Mato remarca tamén que “as reivindicacións presentadas no Parlamento de Galicia foron presentadas de maneira conxunta por sete organizacións sindicais”. Por esa razón “para nós non ten explicación que cando alguén pide unha cousa logo cando lla dan incrementa as súas reclamacións en función doutros intereses que terán que explicar”. Sobre a revisión de complementos, Díaz Mato tamén sinala que “fóra de Galicia xa se asinaron sete acordos máis sobre cláusulas de revisión, o que fixo que agora esteamos por debaixo da media”. “Desde a UGT enviamos un escrito para aplicar a cláusula de revisión e devolvernos ao lugar que nos corresponde na táboa”.
(...)

Tamén se apuntou a posibilidade de aumento do cadro de persoa. Este estremo é valorado por UGT cunha necesidade de que “o persoal en Xustiza debera estar mellor organizado. O que fan desde a subdirección de Persoal da Dirección Xeral de Xustiza, é caótico”. E ademais sinalan que “a organización dos medios e recursos nos xulgados responde non ao interese da xestión pública, senón a outros intereses”. Por exemplo, “é público e notorio o que din as autoridades europeas sobre a fraude de lei na que incorren as autoridades públicas españolas en xeral, sobre a contratación de persoal laboral e persoal interino mediante repetición de contratos que, pasados varios anos no mesmo posto, acaban botándoos”.
(...)

SITUACIÓN DOS ARQUIVOS
(...)
Desde UGT apuntan que “temos constancia da situación de determinados arquivos xudiciais e que denunciamos tamén”. Sobre imaxes de arquivos deteriorados, Díaz Mato di que “non quero pronunciarme sobre algunhas imaxes que din circulan por Internet, porque houbo algún sindicato que manipulou cousas para sacar fotos. Iso deu lugar a unha queixa do persoal de mantemento”. Esa queixa foi colocada en taboleiros de anuncios en diversos edificios xudiciais.
(...)

Acceso a la noticia completa en GALICIA CONFIDENCIAL: