PERMISO POR FALECEMENTO, ACCIDENTE OU ENFERMIDADE GRAVE DUN/DUNHA FAMILIAR


Como consecuencia da firmeza da sentenza ditada en data 19 de decembro de 2018 pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación á concesión do permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun/dunha familiar recollido no artigo 11 da Resolución do 8 de abril de 2009, da Dirección Xeral de xustiza, pola que se regula o réxime e o procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, enténdese por “LOCALIDADE”, a localidade da residencia do funcionario e non a localidade onde radica o seu posto de traballo.