Hoy
se ha publicado en la Intranet de Justicia de
Galicia la siguiente NOTA INFORMATIVA sobre el concurso de traslados:
“O
vindeiro 19 de febreiro publicarase no BOE e no DOG a Resolución da
Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve definitivamente o
concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos
corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de
tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da
Administración de xustiza, anunciado mediante a Resolución do 6 de
xullo de 2018.
Conforme
a dita resolución, infórmase do seguinte:
1.-
Ceses
Tramitación
Procesual e Administrativa: o 22/02/2019.
Xestión
Procesual e Administrativa e Auxilio xudicial: o 26/02/2019.
2.-
Tomas de posesión
O
persoal adxudicatario de prazas na mesma localidade onde prestan
servizos disporán de 3 días naturais para a súa incorporación ao
novo destino e de 8 días se hai cambio de localidade, e 20 días
naturais ou un mes segundo a comunidade de procedencia.
Os
prazos empezan a contar dende o día seguinte á data do cese.
No
caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas
indicadas na praza de outro que tamén obtivese destino no concurso,
este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do
reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.
3.-
Formalización dos ceses e tomas de posesión
Tanto
os ceses como as tomas de posesión realizaranse na xefatura
ou delegación territorial correspondente.
Xefatura
Territorial da Coruña,
Servizo
de Xustiza,
Praza
de Luís Seoane, s/n,
Edificio
Administrativo Monelos,
15008
A Coruña.
Tfno.
981184472/981184456
Xefatura
Territorial de Lugo,
Servizo
de Xustiza,
Rolda
da Muralla, nº 70,
27071
Lugo.
Tfno.
982294308/982294360
Xefatura
Territorial de Ourense,
Servizo
de Xustiza,
Paseo
da Habana, nº 79,
32004
Ourense.
Tfno.
988386408
Delegación
Territorial de Vigo,
Servizo
de Xustiza,
Rúa
Concepción Arenal, nº 8, 4º andar,
36201
Vigo (Pontevedra).
Tfno.
986817716/986817788
Por
cuestión organizativas, a formalización da toma de posesión terá
lugar entre as 9.00 e as 11.30 horas, e a dos cesamentos entre as
11.30 e as 14.00 horas, de luns a venres.
No
caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade, ou en distintas
localidades dunha mesma provincia, ambas formalizacións poderanse
facer o día da toma de posesión, sendo a data de formalización do
cesamento a que corresponda de acordo coa resolución de
adxudicación.
4.-
Substitucións e comisións de servizo
1.
Persoal funcionario titular, que obtivo praza no concurso, e que está
desempeñando unha substitución en órganos desta comunidade
autónoma :
-
Poderá continuar na substitución ata que se incorpore (de forma
efectiva) a persoa titular do posto ou finalice a causa que motivou a
substitución, e así o solicite previamente.
2.
Persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso, e que está
desempeñando unha comisión de servizos en órganos desta comunidade
autónoma:
-
Poderá continuar na comisión de servizos na correspondente praza se
esta non foi adxudicada no concurso de traslados.
3.
Exceptúase da posibilidade de permanencia na substitución ou
comisión de servicios ao persoal que obtivese unha praza no concurso
de traslados como consecuencia do reingreso no correspondente corpo.
4.
Ao persoal adxudicatario dunha praza no concurso que opte por
continuar na substitución ou comisión de servizo non lle será de
aplicación o prazo posesorio previsto no punto. 3
5. No caso de que nun mesmo órgano, concorran varias substitucións en prazas adxudicadas no concurso e teña que finalizar algunha/s delas como consecuencia da resolución do concurso, manterase a que, de conformidade cos criterios establecidos na Resolución do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, teña mellor dereito.
5. No caso de que nun mesmo órgano, concorran varias substitucións en prazas adxudicadas no concurso e teña que finalizar algunha/s delas como consecuencia da resolución do concurso, manterase a que, de conformidade cos criterios establecidos na Resolución do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, teña mellor dereito.
6.
O persoal en comisión de servizos cesará coa toma de posesión da
persoa adxudicataria da praza. No caso de que nun mesmo órgano
concorran varias comisións de servizos e teña que finalizar
algunha/s delas como consecuencia da resolución do concurso,
aplicaranse os criterios de adxudicación que rexeron na respectiva
convocatoria (apartado quinto da dita resolución), para determinar
quen ha de cesar ou continuar, no seu caso, na comisión.
5.-
Persoal interino
1.
O persoal funcionario interino que ocupe unha praza que fose
adxudicada no concurso cesará de conformidade co previsto no artigo
21 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de
persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos
xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Se
houbese máis dun funcionario/a interino no mesmo órgano, o cese se
producirá aplicando os criterios de cese fixados no mesmo artigo.
2.
Porén, no caso do persoal interino que ocupe prazas afectadas polo
proceso de consolidación, cesará cando a praza en cuestión fose
provista no concurso de traslados, de conformidade co previsto na
disposición adicional cuarta da dita Orde do 4 de outubro de 2018.
No caso de que nun mesmo órgano houbese varias destas prazas e non
se cubrira algunha ou varias delas, se aplicarán os criterios de
cese previstos no artigo 21 da citada orde para determinar quen ha
de cesar ou continuar, no seu caso.
6.-
Desfrute de vacacións, permisos e licenzas
O
persoal que obtivese praza no concurso e se atope desfrutando de
vacacións, permisos ou licenzas cesarán o primeiro día natural
tras o seu desfrute. Así mesmo, aqueles funcionarios que tivesen
concedido un permiso ou licenza pendente de desfrutar, deberán
solicitalo de novo.
7.
– INFORMACIÓN IMPORTANTE:
Documentación
e trámites necesarios
Persoal
procedente de fóra da comunidade autónoma de Galicia
O
día seguinte ao cesamento no destino de orixe, deberán achegar a
Xefatura territorial que corresponda mediante correo electrónico a
seguinte documentación (fotocopia DNI, ficha de recollida de datos
(persoais e bancarios) e a fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente
para ingresos posteriores a 01/01/2011) e tarxeta de MUGEJU.
O
resto da documentación poderán presentala na delegación
correspondente o día da toma de posesión.
Fotocopia
do DNI
Ficha
de recollida de datos (persoais e bancarios)
Fotocopia
da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores ao
01/01/2011) e fotocopia da tarxeta de MUGEJU
Certificado
de haberes
Certificado
ou copia dos trienios recoñecidos.
Certificación
das vacacións e días gozados na Administración da que procedan. A
certificación deberá de indicar os días de asuntos particulares xa
desfrutados, con indicación do ano (os correspondentes a 2019 e os
adicionais de 2017 e 2018).
Modelo
145 (IRPF)
Persoal con destino na comunidade autónoma de Galicia
Fotocopia do DNI
Ficha
de recollida de datos (persoais e bancarios)
Persoal
que obteña destino fóra da comunidade autónoma de Galicia
O
persoal que obteña un novo destino fóra da comunidade autónoma de
Galicia, no momento de formalización do cesamento, deberá facer
entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario,
asinando o impreso acreditativo de tal circunstancia.
No
caso de non ter que formalizar cesamento algún por reingresar fóra
da comunidade autónoma nun corpo distinto do que estaba a prestar
servizos, a tarxeta será entregada presencialmente ou por correo
postal ao correspondente servizo de persoal de xustiza, no enderezo
sinalado no punto 1 desta nota informativa."