CURSOS EGAP

NOVO PRAZO DE MATRÍCULA EN VARIOS CURSOS DESTINADOS AO PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

Co fin de cubrir as prazas vacantes a EGAP abre un novo prazo de matrícula para varios cursos convocados no DOG do 12 de maio (cursos de formación continua correspondentes ao segundo semestre) e no DOG do 2 de marzo (actividades formativas e probas de avaliación de carácter libre que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia), todos eles destinados ao persoal da Administración autonómica de Galicia:

- FC15190 Formación básica en normas de accesibilidade universal. Santiago de Compostela, do 6 ao 9 de outubro. Máis información http://egap.xunta.es/fichacurso/index/7859

- FC15198 O teletraballo no sector público autonómico de Galicia. Santiago de Compostela, 22 e 23 de outubro. Máis información http://egap.xunta.es/fichacurso/index/7912

- FC15113 Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc). Edición T05, do 7 de outubro ao 25 de novembro. Máis información http://egap.xunta.es/fichacurso/index/8011

- FC15115 Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer). Edición T05, do 13 de outubro ao 11 de novembro. Máis información http://egap.xunta.es/fichacurso/index/8009

- FC15115 Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer). Edición T06, do 26 de outubro ao 24 de novembro. Máis información http://egap.xunta.es/fichacurso/index/8009

- FC15116 Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress). Edición T05, do 26 de outubro ao 24 de novembro. Máis información http://egap.xunta.es/fichacurso/index/8015

- FC15116 Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress). Edición T06, do 13 de outubro ao 11 de novembro. Máis información http://egap.xunta.es/fichacurso/index/8015

Poderán presentarse solicitudes desde as 8 horas do 1 de setembro ata as 14 horas do 10 de setembro enhttp://egap.xunta.es/matricula